Coruña vista aerea

27 ene. 2009

Chove en Santiago


Chove en Santiago,
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ó sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
ágoa da mañán anterga
trema no meu corazón.


García Lorca, Federico (1978) Seis poemas galegos (Madrid: Akal, Col. arealongiña)

2 comentarios:

hormiga dijo...

Encántame este poema en galego de Lorca, e qué decir do anterior a este de Rosalía..... O de Lorca retrata Santiago e esa chuvia permanente a roer na pedra, o de Rosalía ten a forza e a rabia exacta que provocan as inxustizas.
Saudos meu!

Balteu dijo...

Graciñas Hormiga, a min tamén gústanme as dúas, polo que ti dis e por que, no caso de Rosalía, que conta con algúns detractores que non a leron, demostra que non só escribe poesía melancólica.

Un bico, compañeira.