Coruña vista aerea

22 nov. 2015

Un poema de María Martínez Mosquera

SINTO, LOGO EXISTO


Filla de min,
saco a cabeza da poza
neste inasistido alumbramento.

Universo cuántico de posibeis
inevitábel deslumbramento:
por segunda vez nazo.

O meu corpo acordeónico,
se expande e replega
baixo a superficie de luz.

Entre a transparencia do ser
e a sombra da memoria
mora, a miña intermitencia.

No hay comentarios: